VILAGARCÍA> O informe sobre as obras realizadas no Auditorio indica que as instalacións son seguras e as aulas xa poden abrir.
Nun comunicado de prensa remitido polo concello de Vilagarcía, o departamento de Educación indica que a empresa Eptisa, encargada de realizar as obras no Auditorio municipal, xa lles remitiu o informe sobre os traballos e nel constátase que as clases do conservatorio poderán comezar este venres.
Segundo consta no documento, as reformas non afectaron á estrutura base do inmoble. Tan só se substituíu a fachada aireada e se impermeabilizou a terraza, polo que os alumnos poderán facer uso das aulas sen correr ningún risco.
Escola de Música
O departamento dirixido por Susana Camiño informa tamén de que esta mañá comezaron as obras na cuberta do edificio da Escola de Música. Dos traballos encárgase persoal do concello. Así o acordou hoxe a xunta de Goberno Local. En vindeiras semanas as reformas do inmoble seguirán co pintado das aulas, a instalación de tarima flotante e a renovación de portas.
Redacción Salnés