Pontevedra> A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu nesta xornada aos nenos e nenas do Pobo Saharauí que un ano máis están desfrutando do Programa Vacacións en Paz. Dende a Asociación solidariedade galega co pobo Saharauí convidaron a Maica Larriba a viaxar con eles aos campamentos e así coñecer de primeira man a hospitalidade e bo facer deste pobo.
As pequenas e pequenos saharauís da provincia de Pontevedra que durante este verán están desfrutando Do programa Vacacións en Paz foron recibidos esta mañá pola Subdelgada do Goberno da provincia. Un acto onde os máis pequenos tiveron voz e puideron expresar o seu agradecemento e desexos.
Unha das nais deste pequenos tamén quixo agradecer a colaboración por parte do Goberno e a recepción desta xornada.
E dende a Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí convidaron a Maica Larriba a viaxar aos campamentos para coñecer de primeira man a realidade na que viven estes pequenos.
Un acto que rematou da maneira que máis lle gusta aos pequenos, cunha merendola e zumes para todos na Subdelegación do Goberno.