O apagamento analóxico en Muros-Noia adiantase a xuño do 2009

foto_tdt_100.jpgMUROS-NOIA > O vindeiro mes de xuño producirase o apagamento dixital na zona de influencia de Santiago, o que significa que concellos…

… como o de Lousame, Noia, Muros, Outes, Padrón, Porto do Son, Carnota ou Rois só poderán ver a televisión en formato dixital, a coñecida como TDT. Antes diso, a Xunta de Galicia ten previsto o acendido dixital case na totalidade desta zona antes de finais deste ano. Así, durante o primeiro semestre do ano 2009 prolongarase este proxecto de transición que afectará a máis de 375.000 habitantes.

Para falar do que vai a supoñer este cambio da televisión analóxica á dixital, a Secretaría Xeral da Comunicación e o operador público de telecomunicacións Retegal comezaron hoxe unha campaña informativa en varios concellos galegos. Esta campaña diríxese ós axentes do sector, administracións locais, radiodifusores, instaladores de antenas, comunidades de veciños e cidadanía en xeral. O seu obxectivo é informar a toda a comunidade galega de como acceder a esta nova sinal de televisión dixital, que vai a supoñer unha mellora na calidade de imaxe e son. A charla correspondente á área de Muros e Noia vai a ter lugar o vindeiro mércores 3 de decembro en Noia.

Nesta área, esta canle, CANALRIASBAIXAS chegará en formato dixital na próxima primavera e farao a través da canle 27 da UHF, a mesma que está a utilizar nas actuais emisións dixitais que realiza desde o Monte Xiabre en Catoira.

Redacción Salnés