Máis de 1000 persoas chegarán a Combarro na fin de semana grazas a 55 Regata Rías Baixas

Pontevedra. A Regata das Rías Baixas chegará este sábado 11 de agosto a Combarro. 70 embarcación tomarán o porto a partir das 16:00 da tarde. Unha iniciativa importante para o sector turístico, xa que 600 persoas participarán nesta actividade, o que significa que entre 1000 e 1500 persoas chegarán a Combarro a través desta regata.

55 anos de historia ten a Regata Rías Baixas que chegará este sábado a Combarro. Unha cita onde participarán preto de 70 embarcacións e que move a máis de mil persoas. Unha cita que dende o concello de Poio están encantados de recibir.

Esta regata percorrerá as tres rías das rías baixas dende o 11 ao 14 de agosto.

A chegada dos barcos que participan ao porto de Combarro será aproximadamente a partir das 16:00 da tarde, pero todo vai a depender do tempo que acompañe durante esa xornada. Ea saída o domingo 12 será ás 12:30. Un espectáculo único do que poderán desfrutar esta fin de semana nesta vila de Poio.