Cea benéfica en Noia en favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva

NOIA> A cita terá lugar o próximo martes 14 de agosto e está organizada pola Asociación de Veciños Virxe dos Remedios. A cea organizada para o vindeiro martes 14 de agosto a partir das dez da noite desenvolverase a carón do local social, na pista polideportiva da Ponte de San Francisco. A finalidade non é outra que tratar de recadar o máximo de fondos posibles para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, polo que fan un chamamento a participar nesta iniciativa cun marcado carácter solidario. Aquelas persoas que non poidan acudir á cea, si poderán asisitir de xeito gratuíto ós concertos. Como complemento e para que a velada sexa aínda máis levadeira, terán lugar tamén diversas actuacións musicais. As entradas para poder asistir á cea xa están a venda, podéndose retirar nos establecementos comerciais que son colaboradores habituais da asociación como son Triskel, GomiNoia, Recuncho das Chuches, Taberna O Siglo, Panadería Ponte San Francisco e na Peluquería Sass.