Elevan a 26 detidos na operación contra o narcotráfico na que caeu Charlín

3777

VILANOVA> Elevan a 26 os detidos na macrooperación contra o tráfico de drogas na que caeron Manuel Charlín e seu fillo Melchor. Segundo as pesquisas da policía, os detidos poderían formar parte dunha organización de narcotraficantes que buscaba introducir 2 toneladas e media de cocaína a través das costas galegas.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia elevou hoxe a 26 os detidos na macrooperación contra o narcotráfico que se está a desenvolver e varios puntos de España, con epicentro en Arousa. Fontes do tribunal confirmaron que 19 persoas foron detidas en terra onte, catro en alta mar o martes a bordo do remolcador que transportaba 2.500 quilos de cocaína e outros tres nun pesqueiro que ía ao encontro do remolcador para recibir a droga. Todo apunta a que a intención era introducila a través dun porto da provincia da Coruña.

A investigación comezou hai un ano, e entre os detidos figuran nomes coñecidos do mundo do narcotráfico. A parte do patriarca Manuel Charlín, de 85 anos, e seu fillo Melchor, ambos con antecedentes por tráfico de drogas, tamén detiveron a Jacinto Santos e José Andrés Bóveda, máis coñecido como Charly. O seu estaleiro, situado no porto cambadés de Tragove, foi rexistrado onte.

Os catro tripulantes da embarcación que transportaba a droga xa prestaron declaración telefónica ante o xuíz, que decretou o seu ingreso en prisión. Os outros 22 pasarán a disposición mañá en Vigo. A todos atribúenselles os delitos de tráfico de droga en cantidade de notoria importancia e labor no seu dunha organización criminal.