A depuradora de Abuín entrará en servizo este verán

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/24/ethelvazquezdepuradoraabuin2403151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/24/ethelvazquezdepuradoraabuin240315.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> A Conselleira de Medio Ambiente supervisou as obras da depuradora de Abuín en Porto do Son. Con esta actuación, que estará rematada antes do verán, quedará concluído ó cen por cento o saneamento no núcleo de Baroña. O concello de Porto do Son segue adiante co seu compromiso para acadar o saneamento integral no municipio. A depuradora de Abuín, que dará servizo ós núcleos de Vilar, Arnela, Campanario, Igrexa e Cubelo na parroquia de Baroña, avanza a bo ritmo e prevese que antes do verán poida entrar en funcionamento, tal e como anunciou a Conselleira de Medio Ambiente. Ademais desta depuradora, o concello ten en marcha outras actuacións encamiñadas a dotar de saneamento os núcleos que aínda carecen deste servizo. É o caso de Queiruga, Xuño ou Camaño onde xa se construíu unha depuradora que non chegou a entrar en servizo trala súa construción. O alcalde anunciou tamén que xa conseguiu o financiamento necesario para a construción da rede de saneamento que dará servizo ós núcleos de Puílla, Noal Eiravedra e Resúa despois de que a negativa da oposición fixera que se perderan os fondos provinciais destinados a esta actuación.