A subdelegada do Goberno na provincia sinala que “Vilagarcía é unha cidade segura”

VILAGARCÍA>  “Vilagarcía é unha cidade segura” así o afirma a subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, que este venres mantivo unha reunión cos representantes das principais forzas de seguridade na vila, e co alcalde e o edil de Interior.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou a semana pasada Vilagarcía, para asistir a xunta de seguridade local para a Festa da Auga. Este venres, tan só unha semana despois, volveu a vila para visitar a comisaría de Vilagarcía, onde foi recibida polo inspector xefe, Juan José Rodríguez.
Tratáronse diferentes temas nesa reunión a porta cerrada, na que tamén participaron o alcalde e o edil de Interior da vila, ademais de representantes das forzas de seguridade. Larriba sinalou aos medios de comunicación que Vilagarcía é unha cidade segura.
Ademais a subdelegada do Goberno, recoñeceu que a plantilla da comisaría de Vilagarcía está por debaixo do ratio recomendado, e comprometeuse a conseguir un aumento da plantilla, paulatino, iso sí, durante os vindeiros anos.