As trasnadas do Demo chegan á Boa Vila

Pontevedra> Pontevedra continúa de festa, hoxe, polo día de San Bartolomeu, celebrouse na Boa Vila o día do Demo. Unha xornada onde este persoeiro sae a facer falcatruadas pola cidade, e onde os máis pequenos teñen como fin seguir ao seu séquito e quitarlle o rabo. Un día de troula que rematou cunha foliada na Praza de Curros Enríquez.

Hai días e días e hoxe sen dúbida é o día do DEMO…

Unha xornada que os máis pequenos da casa viven con alegría e sen ningún medo a este demo…

Unha xornada que o demo vive con moita intensidade…

E onde o Demo o seu séquito precisa da colaboración cidadá para vivir este día…

Unha festa do Demo que engancha…

E que o Demo viven encantado nunha cidade como a de Pontevedra

Un día de festa e de troula que puxo o seu punto e final coa foliada do Demo que se celebrou na Praza de Curros Enríquez e que estivo protagonizada polos grupos Os Chichisos e Vacaloura Vermella.