Pontevedra> Pontevedra xa está lista para acoller o Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia. Unha cita da que formarán parte preto de 400 deportistas e que serve de exame de cara o Festival Multisport que a cidade acollerá o vindeiro ano. Esta mañá presentaron esta cita deportiva que xa conseguiu colgar o letreiro de completo en todos os hoteis da cidade.
Pontevedra xa está preparada para acoller na xornada do sábado o Campionato de España de Tríatlon de Longa distancia e o domingo o Tríatlon cross. Unha cita, na que participarán preto de 400 deportistas, entre as dúas modalidades, e que converte á Boa Vila na capital do tríatlon a nivel nacional.
Unha proba que servirá de exame, en relación aos percorridos, de cara o Festival Multisport, que se celebrará o vindeiro ano en Pontevedra e no que se disputarán cinco mundiais.
Dende a Federación Galega de Tríatlon están encantados con que unha cidade galega poida acoller eventos desta importancia e características.
E dende o concello teñen claro que é un evento que beneficia á cidade e como non ao seu comercio e hostalería xa que a día de hoxe para a fin de semana xa están completos todos os hoteis da Boa Vila.
O sábado, o campionato de España Tríatlon de Longa Distancia comezará ás 9 da mañá, os deportistas, 275 nesta modalidade, terán que realizar 3 quilómetros de natación, 116 de ciclismo e 30 de carreira a pe. Na xornada do domingo, terá lugar o Tríatlon Galego de Cros, aquí participarán 102 deportistas, comezará ás 10 da mañá e realizarán 1000 metros de natación, 30 quilómetros de ciclismo e 8 de carreira a pe.