Ravella asina un convenio “Con Eles” para iniciar os trámites da súa futura residencia

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía asinou un convenio cos responsables do colectivo Con Eles para contribuír no financiamento dunha residencia de persoas con discapacidade. Un acordo polo que o concello achegará uns 40.000 euros a esta entidade.
O concello de Vilagarcía ven de asinar un convenio co colectivo Con Eles para achegar uns 40.000 euros ao proxecto da entidade co que se pretende crear unha residencia para aumentar os servizos que se imparten dende as instalacións de O Ríal.
Uns cartos moi necesarios, pero que aínda seguen a ser insuficiente para sacar adiante este proxecto, polo solicitan unha maior implicación das administracións. Este convenio constituía unha liña vermella, para o BNG a hora de apoiar os orzamentos municipais do 2018.
O voceiro do BNG, que hoxe tamén estivo presente sinalou a importancia de apoiar a aqueles sectores que son máis vulnerables e apelou a responsabilidade do resto de administracións para que se sumen a esta causa, que segundo afirmaron, é tan necesaria.
A residencia suporá un espazo de 1.400 metros cadrados de construción, que daría capacidade a uns 32 usuarios, que estarían repartidos nunhas 16 habitacións. O custe final de esta intervención está preto ao millón de euros. Dende a entidade esperan poder adecuar a estrutura actual a normativa vixente e posteriormente comezar co proxecto da residencia a levar a cabo nun período corto de tempo.