EU e Podemos buscan ser o xermolo dunha ‘fronte popular de esquerdas’ nas eleccións

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/19/eu_vilagarcia_eleccions.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/19/eu_vilagarcia_eleccions.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Esquerda Unida e Podemos poderían concorrer xuntos en Vilagarcía ás eleccións do mes de maio. Despois de semanas de conversas, Juan Fajardo anunciou que ambas formacións achegaron posturas para ofrecer unha fronte única. Así as cousas, a idea é seguir conversando con outras formacións para crear unha fronte popular de esquerdas que lles axude a aglutinar apoios e rematar co goberno do PP. Tanto en Vilagarcía, como na Deputación.

Tras semanas de conversas, Esquerda Unida e Podemos de Vilagarcía conseguiron chegar a un acordo de mínimos que lles permitiría concorrer cunha única candidatura ás eleccións do mes de maio.

Este sábado, “Podemos” celebrará unha asemblea para estudar esta opción; unha unión que busca ser o xermolo dunha fronte popular de esquerdas.

Fajardo insistiu en que Esquerda Unida manterá a súa identidade. Na nova coalición aínda non se fala de siglas nin de persoas, pero si un obxectivo: evitar que o PP continúe gobernando.

Unha postura que agardan que sexa compartida por outras forzas de esquerda, nunha clara referencia a PSOE e BNG.

Esta nova fronte nace con vocación de goberno e mira, incluso, máis aló de Vilagarcía.

Aínda que confesou que nas conversas tamén se abordaron cuestións sobre a articulación das listas, Fajardo non quixo falar de prazos para a presentación desta nova candidatura.