Noia realizará un estudo para coñecer o estado da rede de saneamento

NOIA> O concello de Noia traballa na elaboración dun plan director de saneamento en colaboración con Augas de Galicia. Este proxecto enmárcase no programa europeo Interreg no que participan diversas rexións europeas.Este plan director permitirá realizar unha diagnose da rede xeral de saneamento e o sistema de depuración co fin de localizar as principais eivas que presenta para a súa reparación.O estudo desenvolverase entre 2019 e 2020 e proporcionará unha folla de ruta cos criterios a seguir para eliminar os puntos de vertido. O obxectivo final é mellorar a calidade das augas, algo imprescindible dada a importancia da actividade marisqueira no municipio.O concello traballa tamén na mellora da rede de abastecemento de auga para acabar coas roturas que provocan cortes no subministro como os rexistrados a pasada fin de semana.