María Xosé Alfonso repetirá como candidata de CxG á alcaldía de Muros

MUROS> A actual rexedora foi elixida por unanimidade pola militancia na última asamblea da formación. A súa foi a única candidatra presentada ás primarias.

A xa candidata oficial de Compromiso aludiu ó traballo realizado nestes últimos catro anos á fronte da alcaldía de Muros.

Alfonso agarda mellorar os resultados do partido nas últimas eleccións municipais e que a veciñanza recoñeza o traballo realizado por ela e polo seu equipo durante este mandato, a pesar de estar gobernando en minoría.

A presentación oficial da súa candidatura terá lugar este sábado nun acto que se desenvolverá no cámping a Vouga de Louro ás oito e media e no que ademais dela intervirán o presidente de CxG, Xoán Bascuas, e a secretaria da formación a nivel local, María Sambade.

Comments are closed.