Poio aposta, dende o berce, pola lectura en galego

Pontevedra.  E tamén destinado aos máis pequenos dende o concello de Poio presentaron nesta xornada os “primeiros libros da miña crianza”. Trátase dun lote composto por dous libros en galego, un dudú e unha bolsa da merenda que agasallarán a todos os pequenos que nazan no concello neste 2018, para os nados en Poio e para os que realicen o seu bautizo civil no concello. Unha proposta que ten como fin potenciar a lingua galea dende o berce.

Dende o concello de Poio continúan potenciando o programa Dinamiza Poio. Un programa que ten tres obxectivos claros, en primeiro termo o fomento do uso do galego, en segundo lugar, incentivar e promocionar a lectura en galego entre os máis pequenos da casa, e en terceiro termo o fomento do patrimonio con saídas a zonas do concello e representación de obras de teatro. Hoxe uníndose a esta campaña presentaron o programa “os primeiros libros da miña infancia”, unha cesta co que o concello lle dará a benvida aos nados neste municipio con dous libros en galego, un dudú e unha bolsa da merenda.

Unha actividade e iniciativa que se leva a cabo grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.

O concello contará cun total de 250 lotes para repartir entre os pequenos e pequenas que nazan durante este ano en Poio ou os que realicen o seu bautizo civil neste concello.