Pontevedra. As últimas dúas fins semana de setembro aterrará en Pontevedra o VI Festival das Artes escénicas para bebés e familia, Núbebes. Unha edición que chega pisando forte con novas localizacións e máis espectáculos para os máis pequenos. Dúas fin de semana de teatro, danza, música, animación de rúa… e onde a nutrición estará moi presente.
Teatro, danza, música, animiación de rúa obradoiros… todos estes serán soamente unha parte dos ingredientes cos que conte unha nova edición, e xa van, 6, do Festival Núbebes. Unha cita, que terá lugar os días 21.22,23,29 e 30 deste mes de setembro, destinada a todos os membros da familia que contará cunha programación 90 por cento en galego.
Unha edición que contará con novos espazos para o desenvolvemento deste festival, como son o CITA ou a sede social do Casino Mercantil. Unha edición que este ano terá a nutrición como tema moi presente.
As entradas de balde para estes espectáculos só poderán retirarse no mesmo día da función. As que son de pago, 2,5 por persoa, poderán mercarse por anticipado a través de ticketea.com. Toda a información poderán adquirila a través dos programas que xa están a súa disposición no concello ou a través de facebook.com/festivaldasnubebes