Kiko Da Silva reivindica a realidade de “A derradeira lección do mestre”

Pontevedra >  A obra de Castelao estivo hoxe moi presente no Museo de Pontevedra. O debuxante Kiko Da Silva organizou un acto como medida de protesta ante as palabras do presidente da Xunta ante a obra A derradeira lección do mestre. Unha acto reivindicativo onde deixou claro que nesta obra de Castelao se reflicte como o fascismo acaba coa vida de Alexandre Bóveda.

Castelao sempre está de actualidade, pero nestes días máis, a análise que dalgunhas das súas obras fai o Presidente da Xunta de Galicia non gusta entre moitos sectores da sociedade galega. Nesta xornada Kiko Da Silva quixo amosar a súa indignación cun acto reivindicativo que tivo lugar no Museo de Pontevedra.

Da Silva quixo lembrar e deixar sobre a mesa a realidade, que a Bóveda o asasinaron os fascistas en Poio por ser galeguista e defender os seus ideais.

A obra á que se refiren están en préstamo e crin que debía de reivindicar a realidade, e dicir o que pasaba,

Kiko Da Silva cree que se precisa máis cultura nesta sociedade, e ten claro que ninguén, nin o presidente da Xunta nin niguén máis pode cambiar a realidade da nosa historia.