Rosa Quintana asiste en Muros á inauguración de ‘Mulleres, entre augas e entre fíos’

MUROS> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou a última hora da tarde de onte en Muros na inauguración da exposición ‘Mulleres, entre augas e entre fíos’, organizada pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca. No acto Quintana destacou o espírito emprendedor da muller e o traballo feito para visibilizar o seu papel no sector do mar.

A antiga fábrica Sel, hoxe acondicionada como auditorio e sala de exposición, acolle unha selección de cadros que retratan os labores de profesionais do mar como as mariscadoras, percebeiras e redeiras para recoñecer a súa importancia nesta actividade. A mostra ‘Mulleres, entre augas e entre fíos’ está organizada pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca. É unha selección de 15 das 63 obras realizadas por artistas valencianos que interpretan en lenzos, e con distintas técnicas, as realidades profesionais das mulleres da pesca.

Na súa intervención a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o espírito emprendedor da muller e o traballo realizado por elas no sector do mar.

Un aspecto este no que tamén incidiu a alcaldesa, Inés Monteagudo.

A mostra exposta en Muros é froito da colaboración entre Adomar e Anmupesca. Estivo anteriormente en Gandía e xa pasou tamén por Cariño. Poderá visitarse ata o 31 de agosto