Maica Larriba felicita ao equipo da “Operación Clavao”

Pontevedra> A subdelegada do Goberno quixo felicitar, en persoa, e nesta xornada ao corpo da Garda Civil tralo éxito da Operación Clavao. Un operativo que tivo lugar na xornada de onte no poboado do Vao e que se saldou con 24 detidos, 11 están en liberdade en sede policial, 2 en prisión xa que estaban en orde de busca e captura e outros 11 pasarán a disposición xudicial nas próximas horas. Unha redada que se converte na máis contundente realizada pola Garda Civil no poboado do Vao.

Maica Larriba quixo felicitar en persoa ao operativo da Garda Civil que na xornada de onte traballou arreo na Operacion Clavao que tivo lugar no poboado do Vao de Abaixo. Unha visita onde ademais puido e puidemos ver tamén os medios todo o material incautado nesta operación.

Trátase dun operativo moi importante cuxa investigación comezou xa en outubro do pasado 2017.

Grazas as medidas adoptadas conseguiron os permisos xudiciais necesarios para os rexistros. Unha operación que se saldou con 24 detidos.

Foi, segundo o coronel xefe da Garda Civil a redada máis contundente realizada no poboado do Vao.

E a preguntas dos xornalistas, con esta operación se desarticula un dos principais puntos de venda de cocaína e heroína da zona de Pontevedra.

Unha operación que aínda non está pechada, quedan por deter, segundo dixo o coronel xefe, algúns membros dos clans vencellados con este tráfico de drogras.  Dos 24 detidos, 11 están en liberdade en sede policial, 2 en prisión xa que estaban en orde de busca e captura e outros 11 pasarán a disposición xudicial nas próximas horas