Portas presume nunhas xornadas do seu lagar rupestre, único no Salnés

PORTAS> A UNED de Portas acolle entre hoxe e mañá unhas xornadas centradas no lagar rupestre do Salnés, un vestixio histórico que dá conta do fondo vínculo histórico entre o mundo do viño e a comarca do Salnés. Ademais de conferencias relacionadas coa coñecida como ‘arqueoloxía do viño’, esta tarde organizouse unha visita ó histórico lagar, situado na parroquia de Lantaño.

Que O Salnés e o viño van da man non é algo novo, é máis: é unha vínculo moi antigo. Unha mostra desa histórica relación é o lagar rupestre de Viña do Monte, situado en Portas. Este exemplar é o derradeiro da nosa contorna que aínda se conserva. O seu valor histórico e etnográfico levou á UNED de Portas a organizar unhas xornadas centradas na coñecida como ‘arqueoloxía do viño’.

A orixe destes lagares baséase na necesidade de vinifica-lo pé de viña. A pesar da súa singularidade o de Portas non é o único exemplo de lagar rupestre. Son frecuentes no norte de Portugal e na provincia de Ourense, onde xa se catalogaron a través dunha guía máis dun cento destes elementos.

Agora, nestas xornadas da UNED de Portas, o que se pretende é divulgar uns vestixios históricos que falan, e moito, de onde vén a cultura vitivinícola do noso país.

As xornadas arrancaron esta mañá, nun acto no que participou o alcalde da localidade.