O mago arxentino Marcelo retorna ás orixes da súa familia cun espectáculo en Cambados

CAMBADOS> Marcelo é un mago que percorre o mundo enteiro cos seus espectáculos. Con todo, nunca actuou en Galicia, malia te-las súas orixes aquí. Os seus pais son de Cambados. Coñecéronse na Arxentino, país ó que emigraron hai décadas.

Agora, toda a familia regresa á vila para visitar ós seus seres queridos. Marcelo aproveita a ocasión para ofrecer na localidade un dos seus espectáculos. Vai ter lugar o día 15 no Auditorio Cambadés.

Esta mañá, o goberno local organizou unha recepción no Concello, na que tamén participaron varios nenos. O mago aproveitou para sorprendernos con algúns trucos de maxia. De seguro, que o vindeiro día 15 máis de un quedará tamén coa boca aberta co seu espectáculo. A entrada, por certo, é de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí