Mateo Lafragua “os lombos poden custar a vida dunha persoa”

Pontevedra> En relación a este asunto, esta mañá estivo no pleno o Premio Cidadán Ponle Freno, Mateo Lafragua. Mateo considera imprescindible que nesta materia se poñan de acordo todos os grupos políticos. Tras unha mala experiencia Lafragua constatou as consecuencias negativas dos lombos nos traslados sanitarios e comezou un longo camiño para conseguir unha solución. Esta tarde expuxo a súa experiencia nun acto na cidade convidado polo Partido Popular.

Mateo Lafragua estivo hoxe na cidade falando da sanidade e da seguridade nas vías sanitarias, dos lombos, unha visita que tivo lugar grazas ao convite do Partido Popular. Cabe lembrar quie Lafragua é o premio Ciudadano Ponle Freno 2018 pola súa loita na seguridade viaria.

Un premio que lle chegou pola súa incansable loita sobre este tema, un tema prioritario cando falamos de urxencias e de saúde.

E para achegarnos máis a realidade Mateo Lafragua puxo datos sobre a mesa.

Do pleno de hoxe dixo que o fundamental sería o consenso de todos os partidos, unha moción ao do PP que saíu aprobada cos votos a favor do PP, Psoe e ciudadanos, abstencións da Marea e os votos en contra do BNG.