Recibe a alta o primeiro paciente con coronavirus en Pontevedra

PONTEVEDRA> Un home de 45 anos é o primeiro paciente con coronavirus que se cura na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Levaba ingresado dúas semanas no servizo de Neumoloxía do Hospital Montecelo e acaba de recibir a alta médica.

Este paciente foi tamén o primeiro en dar positivo por coronavirus en Pontevedra, tras regresar a casa despois dunha viaxe a Madrid por motivos laborais. Achegouse ata o hospital pontevedrés con síntomas hai dúas semanas, e tras facerlle a primeira proba deu positivo. A confirmación oficial chegou co test do Centro Nacional de Microbioloxía en Majadahonda.

Segundo explican dende o Sergas, o paciente ingresou en estado grave e permaneceu illado na planta de Neumoloxía durante estes quince días. Tras recibir tratamento, a proba de coronavirus deu negativo. Para o equipo de sanitarios, este caso é un ‘raio de esperanza’ tanto para os profesionais como para a sociedade.

Trátase do sexto contaxiado curado en Galicia que recibe a alta médica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí