A Xunta fomenta a innovación mediante diferentes programas

RELENTO (Benboa) é unha empresa situada nunha antiga fábrica de salgadura no porto de Corrubedo en Ribeira. Ofrece unha combinación de servizos e produtos que van desde a venda de peixe e marisco fresco, a tenda de alimentación física e online, a restauración, a elaboración de pratos preparados para a súa venda ao consumidor ou ao sector profesional. Estes ribeirenses apoiáronse no programa Innova Peme, que ten como obxectivo impulsar a capacidade de innovación de compañías para lanzar novos produtos ou servizos e tamén para mellorar os seus procesos.

A innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización dos tempos e por ende da economía. Innova Peme tan só é un dos programas dispoñibles, Vodafone Connecting for Good Galicia, tamén axudou a que un proxecto como o de este enxeñeiro vilagarcián, Pablo Dorgambide, saíse adiante.

Dende a administración galega insisten na intención de facer da dixitalización un elemento diferenciador, por iso nos diriximos ata “Dos Espacios”, onde nos recibe un dos seus socios Santiago Paz. Esta empresa de marketing dixital está adherida a outro programa, concretamente o Principia, que lles permite contratar un traballador máis menor de 35 anos. As axudas a empresas e organismos de investigación que concede a Xunta son por importe de 10.000 euros por contrato por un período mínimo dun ano.

Talento e competitividade van da man, e tanto no caso de Pablo, como de Paco ou de Santiago, van acompañados de moito traballo e esforzo que están a conseguir que a economía galega colla músculo ano tras ano converténdose nunha das comunidades que máis medra ano tras ano.