Os mercados locais volven o 4 de maio con estritas medidas de seguridade

GALICIA> Os mercados locais poderán abrir en Galicia a partires do vindeiro 4 de maio. Iso si, terán que cumprir con estritas condicións de seguridade marcadas pola Xunta para evitar posibles contaxios por coronavirus.

O conselleiro do Medio Rural trasladou esta decisión ao Ministro de Agricultura no marco da Conferencia Sectorial de Agricultura e desenvolvemento rural. José González considera que a entrada na fase cero da desescalada posibilita a reapertura deste servizo básico.

Na mesma liña, o conselleiro reclamou ao ministro a volta á actividade dos mercados de gando, tendo en conta o mesmo proceso de desescalada e adoptando todas as medidas sanitarias precisas. Advertiu que esta medida está a ser demandada polo sector, e considerouna necesaria para dar saída aos animais que se acumulan nas explotacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí