Cambados publica a súa porgramación cultural para os vindeiros meses

CAMBADOS> Rematou o verán e chegou o outono, e econ el a nova programación cultural de Cambados. Concertos, teatro ou espectáculos de difernte índole conforman a oferta cambadesa para os seus veciños.
O edil de cultura de Cambados, Victor Caamaño, presentou esta máñá en rolda de prensa a que será a ampla programación cultural da Vila do Albariño, para os vindeiros meses.
O Día das Bibliotecas ou o Samaín, que se celebrará nas vindeiras semanas, son tan só unha parte da programación na que se celebrarán espectáculos, teatro ou concertos.
Como poden ver o outono chega a Cambados cargado de actividades para toda a familia. Caamaño sinalou que máis adiante presentarase unha programación máis específica do Nadal a marxe da que se presentou hoxe.