BARBANZA> Trátase dunha das feiras máis importantes do sector que serve como mellor escaparate a nivel internacional.
Congalsa, Frinsa, , Rotogal, Fesba, Pescados Hermanos Lijó, Paquito, Ángel López Soto e Stolt Sea Farm participan esta semana na feira de alimentación do sector do mar que se celebra en Bruxelas. A Seafood Expo Global constitúe un dos máis importantes escaparates a nivel internacional sobre productos procesados do mar, un sector no que o Barbanza ten peso estratéxico. A intención dos empresarios que participan neste evento e chegar a un mercado cada vez máis amplo con gran presenza de países asiaticos e de Europa do Leste. A consellería do Mar conta tamén cun expositor propio que dá cobertura a varias destas empresas. A propia titular deste departamento, Rosa Quintana, realizou unha visita á feira e mantivo encontros cos empresarios galegos que lle presentaron algúns dos novos produtos que están a dar a coñecer neste salón internacional.