Martín aposta pola entrada en funcionamento da subestación do polígono de Nantes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/08/telmo_cortes_luz.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/08/telmo_cortes_luz.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Poñer en marcha a subestación de Nantes é tamén parte da solución que puxo esta mañá sobre a mesa o Partido Popular. Telmo Martín criticou duramente a xestión que Gonzalo Pita realizou da situación vivida o pasado día 1, e denunciou que en ningún momento o alcalde contactou coa oposición para informalos das súas xestións. 

O Partido Popular non está conforme coa xestión que o alcalde fixo do corte de luz que sufriu Sanxenxo o pasado día de Aninovo. Para Telmo Martín, unha situación así é merecedora da convocatoria dun gabinete de crise.

Pola contra, Martín denuncia que Pita non contactou con el en ningún momento, e criticou toda a xestión do alcalde da situación.

Martín destacou que os cortes do subministro eléctrico son moi frecuentes nas zonas que dependen da subestación de Vilalonga. Aínda que non coincide co alcalde na súa idea de pechala, si aposta por  poñer en marcha a subestación do polígono de Nantes.

O líder do Partido Popular aproveitou para esixir ao alcalde e ao seu goberno que desbloqueen a situación do polígono de Nantes, e acusounos de non facer as xestións pertinentes para que o parque poida empezar a funcionar.