Impresións desiguais no primeiro día de campaña marisqueira en Ribeira

RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volveron este luns a traballar nas súas concesións. Nesta primeira xornada houbo impresións para tódolos gustos aínda que a maioría non tiveron problemas para acadar o tope de dez quilos de ameixa.

A maior parte das embarcacións optaron por faenar nos bancos da Insua e de Coroso. Alí constataron a presenza de marisco posto que en algo máis dunha hora xa estaban en terra cos topes.

Aínda así, son moitos os mariscadores que non auguran unha boa campaña posto que non cren que haxa marisco en abundancia de cara ós próximes meses.

Confían en que os prezos repunten ó longo deste mes ante a alta demanda das conserveiras e a boa calidade do marisco, con moita ameixa de primeira.