BOIRO> A autovía do Barbanza rexistraba esta mañá dous accidentes simultáneos cun total de cinco vehículos implicados.
O primeiro deles tiña lugar preto das nove da mañá, á altura de Boiro en dirección a Ribeira, cando un vehículo saíuse da vía e colidiu contra o gardarraíl. Os dous coches que circulaban tras el non tiveron tempo de reaccionar e acabaron chocando contra o turismo. Resultou ferido un dos ocupantes que tivo que ser trasladado en ambulancia ata o hospital comarcal.
O outro dos sinistros producíase á mesma altura no outro sentido de circulación, motivado ó parecer polo despiste dun conductor que presenciou o primeiro accidente. Víronse implicados dous vehículos.