POBRA> Xa hai gañador da quinta edición do premio de literatura infantil e xuvenil Carlos Mosteiro. Neste caso gañadora.
O xurado do certame daba a coñecer esta mañá o seu nome. Trátase da escritora María Canosa.
A autora ceense, cunha ampla traxectoria literaria, con obras tan coñecidas como O Crebanoces, Xiana, a nena pirata ou O día que choveu do revés, toma o relevo de Xosé Neira Cruz, gañador da pasada edición.
A obra titulado Teño un volcán dentro foi a mellor valorada polo xurado de entre as 36 presentadas ó certame este ano.
Dende a organización do certame valoraron de xeito moi positivo o feito de que o gañadora fora unha escritora recoñecida, que se suma así a unha lista de autores tamén destacados, o que lle dá, se cabe, maior realce, ó concurso literario.
O premio está dotado con tres mil euros en metálico e a publicación da obra na colección ‘Árbore’ da Editorial Galaxia.