167 empresas de Noia beneficiaranse do PEL Reactiva

NOIA> Noia vén de publicar o lista de empresas beneficiarias do PEL Reactiva, cofinanciado pola Deputación e o concello. Das 260 solicitudes presentadas, resolvéronse positivamente 167. O importe das axudas oscila entre os 1500 e os 3000 euros.

O PEL reactiva para Noia ascende a 300 mil euros, dos cales a Deputación da Coruña achegou 240 mil e o concello unha partida de 60 mil. Na primeira resolución que vén de publicar o concello concedéronse 167 axudas, de entre 1500 e 3000 euros.

As empresas beneficiarias dispoñen de prazo ata o 31 de marzo para xustificar a subvención. Nos casos que non xustifiquen o total do importe das axudas quedarían fondos libres para atender algunhas das solicitudes que quedaron fóra.

O concello tampouco descarta habilitar unha nova partida de fondos propios para estender as axudas ás preto de noventa empresas que non entraron nesta primeira fase.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí