E ti, vas mercar algo no Black Friday?

VILAGARCÍA> Xa está aquí o Black Friday, a popular xornada de descontos que naceu nos Estados Unidos e que viu para quedar. Nós fomos ata Vilagarcía para preguntarlle á xente se van aproveita-las ofertas deste vindeiro venres.

Na conta atrás para o Black Friday, moitos xa pensan nos descontos e oportunidades que van atopar nesa popular xornada que chegou para quedar. A roupa e os produtos electrónicos son do máis demandado . Con todo, no venres negro todo, ou case todo, está en promoción. Unha tentadora oportunidade que moitos non queren desaproveitar.

Así e todo, a responsabilidade parece estenderse. Moitos aseguran que non se senten atraídos polo Black Friday e que prefiren merca-las cousas cando realmente lles fan falta.

Outros, aínda tendo gañas de ir de compras, escollen nin achegarse ás tendas. Sobran as ofertas, pero faltan cartos.

O Black Friday, en galego venres negro, é orixinal dos Estados Unidos. Celébrase no día seguinte a Acción de Grazas e marca alá o arranque da tempada de compras de Nadal. Esta tradición consumista, agora importada ó noso país, vaise celebrar este vindeiro venres.

[polldaddy poll=10166432]