O executivo noiés negocia con Portos máis aparcamentos para Labarta

NOIA> O Concello prevé tamén chegar a un acordo co ente autonómico para ampliar e mellorar a superficie do ‘ecoparking’, onde está prevista un área para estacionamento de autocaravanas.

O alcalde, Santiago Freire, informou da xuntanza mantida con Portos de Galicia de cara a consecución dun novo aparcamento público na zona de Labarta. Segunco explicou o propio rexedor o obxectivo non é outro que poder habilitar máis de 120 novas prazas de estacionamento na zona.

A actuación sumaríase tamén á ampliación e mellora da superficie do ‘ecoparking, onde o goberno local quere emprazar unha zona para o estacionamento de autocaravanas, algo no que xa levan meses traballando.