A marea vermella paraliza a extración de mexillón e bivalvo na ría de Muros

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/seguimentomareavermellamuros1604151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/seguimentomareavermellamuros160415.mp4{/flowplayer} MUROS> Malia que a toxina remite na ría de Arousa, os polígonos de bateas e as zonas de extracción de marisqueo da ría de Muros-Noia permanecen pechados. A pesar de que os produtores están afeitos ós episodios de marea vermella, non é habitual a estas alturas do ano. Agardan, con optimismo, que se poida retomar a actividade nas próximas semanas. Hai xa tres semanas que a toxina fixo aparición nas rías galegas obrigando ó peche dos polígonos de bateas nas rías de Vigo, Pontevedra, Muros e parte da de Arousa. Malia que nesta última comezou a remitir, con tan só dous polígonos pechados, o certo é que a maior parte do sector permanece parado. Malia que non se trata da época de maior vendas, esta marea vermella vense sumar ós longos episodios tóxicos que veñen encadeando os mexilloeiros galegos nos últimos anos, afectados ademais pola caída dos prezos. As cousas non están moito mellor para os mariscadores xa que a toxina afectou tamén ás zonas de extración de bivalvo na ría noiesa. Malia todo, hai razóns para o optimismo posto que se trata dunha época de escasa actividade para este sector. Dado que a remisión da toxina tan só depende de causas naturais, os bateeiros confían en que a evolución das correntes e da climatoloxía se conxuguen para poder retomar a actividade.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí