Denuncian importantes deficiencias nas instalacións do CEIP Príncipe Felipe

PONTEVEDRA> O secretario comarcal de Comisións Obreiras denunciou esta mañá en rolda de prensa o deficiente estado das instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria Príncipe Felipe. O sindicato presentou imaxes tomadas onte que amosan múltiples danos e filtracións de auga.

O CEIP Príncipe Felipe presenta multitude de deficiencias que o converten nun espazo non adecuado para os rapaces que alí estudan. En total, 85 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Así o denunciaban esta mañá dende CCOO.

Dende o sindicato consideran inaceptable o estado das instalacións.

Non entenden cómo a Inspección Educativa permite unha situación coma esta.

Solicitan á administración competente que actúe de forma inmediata para solucionar este abandono.

Consideran que esta situación se está permitindo coa intención final de pechar o centro.

Ás deficiencias no centro escolar, súmanse problemas coa calefacción que afectan a tódolos edificios da Cidade Infantil.