O mellor libro de cociña local de España naceu nas Rías Baixas

LIBROGASTRONOMIA copia.jpg PONTEVEDRA> ‘Rías Baixas. Territorio Gastronómico’ está pensado como unha homenaxe ós produtos da terra e ós seus cultivadores.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_COCINA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

Pepe Solla, Pepe Cannas, Antonio Botana, Javier Olleros, Alberto González, Rafa Centeno, Pablo Romero, Iñaki Bretal e Roberto Figueira. Son os artífices de ‘Rías Baixas, territorio gastronómico’. Unha obra de cociña que se artella case como guía culinaria na que os ingredientes cobran máis protagonismo que os pratos, e os seus produtores, máis case que os cociñeiros.

A publicación preséntase como algo máis que un simple receitario, unha obra que permitirá actuar como motor para unha das principais fontes económicas de Galicia: o turismo.

Polo de agora, a obra xa conseguíu facerse co título ó mellor libro de cociña local de España no Gourmand Cookbook Award, e en marzo loitará en París para gañar o título mundial desta categoría.

Redacción Salnés