Pablo Casado e Núñez Feijóo, máis preto que nunca dos pontevedreses

PONTEVEDRA > As rúas de Pontevedra acolleron esta tarde a tres líderes políticos que espertaron moito interese entre os veciños da cidade. O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o candidato popular a Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, pasearon polo centro da Boa Vila. A visita comezou na Praza de España e rematou na Praza de Galicia. Durante o encontro, os líderes políticos saudaron e sacáronse fotografías con moitos pontevedreses. Ademais, un centenar de persoas acercáronse a falar con Pablo Casado sobre temas de saúde e de política. Rafa Domínguez mostrouse moi contento tras o encontro.

Cabe destacar tamén que os membros do Partido Popular visitaron una pastelaría moi coñecida da cidade e incluso houbo un regalo de por medio. Rafa Domínguez e Pepa Pardo mercaron unha sudadera ao fillo de Feijóo, que mañá cumpre dous anos.

Comments are closed.