Aché ‘celebra a vida’ cun vídeo clip en Cambados

orquestra_ache100.jpgCAMBADOS> A orquestra Aché tomou hoxe a cambadesa Praza de Alfredo Brañas, para gravar un vídeo clip.

{flowplayer}images/salnes/orquestra_ache.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> A orquestra Aché tomou hoxe a cambadesa Praza de Alfredo Brañas, para gravar un vídeo clip. Dende primeira hora da mañá, o numeroso equipo estivo traballando na rodaxe do tema ‘Celebra la vida’.

Director, operadores de cámara, guionistas, produtores, actores e ata un cámara gravando o making off, encheron hoxe a Praza de Alfredo Brañas en Cambados. Nin o mercado desta mañá impediu que tiveran público durante a gravación. O alegre tema ‘Celebra la vida’, interpretado antes por Axel e Bustamante, tomou nova forma nas voces dos cantantes da orquestra Aché.

O teclista Mero é o director do clip, que lles acompañará nas pantallas do seu escenario, durante toda a xira de verán. En tan só dous anos de vida, Aché conta con presenza nas redes sociais e ten a súa propia páxina web, para informar diariamente a un numeroso grupo de xente que lles segue a pista. Contan ata cun club de fans.

A orquestra Aché é multirracial, seus membros son de diversas partes do mundo. Durante este último ano, Aché forma parte de Espectáculos Lito, orquestras como París de Noia ou Panorama, apoian a iniciativa e celebran a vida con Aché. Sen dúbida, Aché dará moito que falar no mundo do espectáculo. En principio, haberá que agardar un pouquiño para velo vídeo finalizado e o inicio da xira de verán.

Redacción Salnés