Rescatan un raposo dun edificio de Ribadumia

91

RIBADUMIA> Unha patrulla do Seprona de Vilagarcía rescatou esta mañá un raposo atrapado nun edificio de Ribadumia. O animal quedara encerrado de xeito accidental no interior do inmoble. Tras rescatalo, os axentes da Garda Civil liberárono nun monte da zona para devolverlle a súa liberdade no seu hábitat natural.

Fonte do vídeo: Twitter @PlanDirectorPon