Mantense o prezo do peixe á espera das fortes vendas de decembro

POBRA> Os prezos do peixe mantéñense estables ó longo do novembro, un mes de transición á espera das datas fortes de venda durante o Nadal. Os compradores demandan especialmente peixe grande para cocer como pescada, abadeixou ou ollomol.

En canto ó marisco, a estrela nestas datas é a centola. Tras abrir a campaña a principios de mes notouse unha alta demanda posto que está ben chea e a bo prezo.

Comeza a notarse timidamente a compra de marisco para o Nadal. Algúns compradores aproveitan os prezos moderados deste mes para evitar as subas das datas festivas. Sen embargo, a maioría optan por esperar a principios de decembro, cando si se nota unha forte suba das vendas e realízanse numerosas encargas.