Xornada astronómica a que se vivirá mañá en Vilanova de Arousa

VILANOVA> Non se preocupen si estes días o ceo está encapotado e non poden ver as estrelas, o multiusos de Vilanova de Arousa ten preparados para este venres e parte do sábado un planetario portátil co que os máis pequenos da contorna poderán gozar de todo o Sistema solar.

O multiusos de Vilanova será o emprazamento elixido para realizar unha xornada lectiva diferente para centos de estudantes da comarca. Dende a Mancomunidade do Salnés organizaron unha xornada de astronomía para este venres no que os alumnos dos centro educativos da contorna poderán visitar un planetario e mesmo coñecer a un astronauta.

O Planetario móbil da Ruta Quetzal achegará a todos os curiosos que se acheguen ata Vilanova, a inmensidade do universo. Os cativos entraran en quendas de vinte persoas dende as 9:00 horas. O presidente, Gonzalo Durán, lembrou que a asistencia a esta actividade estará rexida por orden de chegada.

Completar a formación que se imparte na escola e achegar esta ciencia aos mais cativos é a finalidade de esta actividade. Sinalar tamén que o cosmonauta Mikhail Korniyenko da Axencia Espacial Rusa, pronunciará unha conferencia sobre a súa experiencia como astronauta e as súas vivencias no espazo.