O Pleno da Deputación aproba o orzamento para o 2019

PONTEVEDRA> O pleno da deputación aprobou hoxe o orzamento para o 2019 cos votos de PSOE e BNG. As contas achéganse ós 158 millóns de euros. López Font  defendeuno coma o mellor da historia da institución provincial, mentres que a voceira do Partido Popular dixo del que está baleiro de contido e da as costas ós pontevedreses.

O deputado socialista López Font defendeu esta mañá os orzamentos provinciais no pleno extraordinario convocado para aprobalos. Definiuno como o mellor da historia e destacou a redución da débeda.

Tamén resaltou as transferencias directas ós concellos, coma exemplo de xestión eficaz.

Sobre os investimentos tamén insistiu en estar por riba doutras administracións locais.

A voceira do Partido Popular, pola súa banda, acusou ó goberno bipartito de dar as costas ós pontevedreses na redacción dos orzamentos.

Elena Muñoz calificou o documento de “baleiro de contido” e feito a base de partidas xenéricas que dificultan a súa execución.

O orzamento foi aprobado de maneira inicial cos 14 votos a favor dos deputados do PSOE e do BNG, a abstención do deputado da Coalición SON e 10 votos en contra do Partido Popular.