O goberno acusa á oposición de ir contra o modelo de cidade

PONTEVEDRA> En Pontevedra, os desacordos sobre os orzamentos municipais para o 2017 están a tensar as relacións entre goberno e oposición. Agora, o executivo local denuncia un pacto das demais formacións para atarcar o modelo urbano e o plan de compostaxe. E é que estas partidas son as que toca o Partido Popular nas súas emendas.

 

Unha rebaixa no Imposto de Bens Inmobles, unha partida para a implantación do transporte colectivo urbano de viaxeiros e o incremento dos fondos destinados á aprobación inicial do PXOM. Estas son as tres emendas parciais que o Partido Popular propón aos orzamentos municipais.

A rebaixa do IBI restaría un millón de euros das arcas, que obrigaría a recorrer á partida para as melloras de accesibilidade urbana. Os 300 mil euros que o Partido Popular quere dedicar ao PXOM e a achega de case 600 mil para o transporte urbano, obteríanse da partida dedicada a composteiros e recollida selectiva.

Segundo Da Silva, este é un paso nunha suposta estratexia que están a desenvolver os partidos da oposición, que buscan dirixir as súas emendas contra os piares do programa de goberno do BNG. Algo que negaron dende o PSOE.

O PSdeG tamén presentará o luns as súas emendas parciais ao orzamento.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/orzamentos_municipais_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/orzamentos_municipais_ponte.mp4{/flowplayer}