Feijóo comprométese a licitar as obras do Gran Montecelo no primeiro trimestre do 2019

Pontevedra> O Presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Sanidade presentaron esta mañá o plan sectorial e o anteproxecto do Gran Montecelo. Un gran investimento que deberá de estar en licitación no primeiro trimestre do 2019. Feijóo sinalou que esta obra forma parte dun dos 8 grandes compromisos da Xunta coa cidade. O Gran Montecelo será, segundo palabras do presidente, o Hospital de referencia para a provincia durante os vindeiros 50 anos. E a principal característica que buscan é que sexa un hospital máis humano.

Un hospital máis humano, máis completo e máis amplo esas serán as características que contarán este centro que contará con 92 por cento máis de boxes en urxencias, un 57 por cento máis de habitacións individuais e 720 camas en total.

O alcalde de Pontevedra, que tamén estivo presente no acto e ao que o presidente agradeceu a súa colaboración, dixo que unha das principais novidades do día de hoxe foi o anuncio dun párking elevado, non sabemos de momento como se financiará.

E outra das claves da xornada tamén estivo no transporte metropolitano, ao que fixo referencia o conselleiro de Sanidade, para dar servizo aos 38 concellos que teñen o Gran Montecelo como referencia.

Un gran Montecelo que contará cun investimento de 100 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia e de 25 millóns máis destinados á reforma do edificio antigo. O Presidente comprometeuse a ter licitada a obra no primeiro trimestre do vindeiro ano e dixo que con este Hospital se cumprirá un dos obxectivos da Xunta de Galicia, dar un bo servizo ao cidadá.