Pontevedra terá catro novos centros de compostaxe comunitario

PONTEVEDRA> O concello instalará catro novos centros de compostaxe comunitarios na cidade. A construción dos composteiros comezará mañá na Parda, Ponte Boleira e Camiño de Ferro.

Pontevedra contará con catro novos centros de compostaxe comunitario, que se sumarán ós 13 xa operativos na cidade. Unha vez resolta a contratación dos mestres composteiros, xa se estaba en disposición de aumentar o número de instalacións.

Estarán na rúa dos Soutos, en Pintor Laxeiro, en Ponte Boleira e na rúa Camiño de Ferro.

Os novos composteiros, cos que se dará servizo a 1.200 persoas, pretenden aliviar a sobreaportación nos actuais centros de compostaxe.

Actualmente trátanse na cidade unhas 184 toneladas de biorresiduos domésticos.

A instalación comezará mañá e cóntase con que estean operativos a finais de decembro ou principios de xaneiro.