Vilagarcía pide a Costas que actúe nos áridos da praia do Preguntoiro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/senda_rial_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/senda_rial_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Vilagarcía pide a Costas do Estado que actúe no areal do Preguntoiro. Os temporais deste inverno provocaron o desprazamento dos áridos da praia, que agora se reparten de xeito desigual. Tomás Fole aproveitou a visita da xefa provincial para pedir esta actuación, e pór a punto o areal de cara á tempada alta de baño.

Os temporais deste inverno deixaron a súa pegada no litoral galego. Tamén na praia do Preguntoiro, que nuns días izará a bandeira azul pero que, segundo o alcalde de Vilagarcía, precisa dunha actuación nos seus áridos.

Tomás Fole lanzou esta petición aproveitando a visita da Xefa territorial de Costas do Estado a Vilagarcía, para pasar revista ás actuacións que o organismo realizou na senda de O Rial. Unha primeira fase xa rematada, pero que podería mellorarse evitando que remate directamente na estrada.

Con estas peticións sobre a mesa, Tomás Fole insistiu no bo entendemento que existe entre o concello, Costas do Estado e Portos de Galicia xa que, asegurou, todos traballan para mellorar a fachada litoral da vila.