Pontevedra, modelo de cidade no Forum Smart City de París

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra participou esta mañá no Forum Smart City París 2018, un encontro internacional sobre medio ambiente urbano no que ofreceu unha conferencia sobre a pegada de carbono nas cidades.

Fernández Lores interveu esta mañá na sesión principal do foro sobre cidades intelixentes que se celebrou no Concello de París, organizado polo revista Tribune. Ante unhas 200 persoas, o alcalde explicou a experiencia pontevedresa no tocante á pegada de carbono, nunha intervención titulada “a urxencia de ter cidades descarbonizadas”.

Fernández Lores explicou que na actualidade as cidades están enfermas e que a sociedade reclama unha solución.

Ademais do diagnóstico, explicou cal foi o tratamento no caso de Pontevedra.

Lembrou que o espazo público é un dereito dos cidadáns.

O alcalde rematou animando a todas as cidades a recuperar o seu espazo público independentemente do seu tamaño.