Inicio inminente das obras de mellora e ampliación no cemiterio da Atalaia

MUROS> Tras un longo proceso de tramitación, por fin poderá acondicionarse o cemiterio da Atalaia en Muros. A alcaldesa informou de que xa está lista a acta de replanteo polo que o inicio das obras e cuestión de días.

A actuación prevista no cemiterio muradán da Atalai permitirá reparar os desperfectos que están a sufrir boa parte dos panteóns debido ó seu deterioro e falla de mantemento. Procederase ademais a construír novos elementos e a mellorar a accesibilidade da instalación coa construción de ramplas.

A obra, adxudicada por algo máis de sesenta mil euros, dará comezo nos próximos días e estará rematada nun prazo de tres meses.

O concello dá así cumprimento a unha vella demanda dos veciños que levaban tempo reclamando o acondicionamento do cemiterio.