MUROS> Dende o executivo muradán aplauden este acordo que posibilitará a protección e conservación dun ben patrimonial da localidade.
A consellería de Cultura e o arcebispado de Santiago asinaron un convenio de colaboración mediante o cal se acometerá un proxecto de restauración dos retablos de san Marcos e san Xerome e tamén das imaxes destes dous santos e a de san Antón na capela do Carme.
Trátase da segunda actuación que se realiza neste templo que forma parte do Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.








